Episyrphus balteatus (De Geer, 1776)
En case cualquer lugar. Moi común.
Activo en condicións nubradas tanto como ao sol; altamente migratoria; os machos flotan ata 4 - 5 m, xeralmente sobre camiños en bosques ou situacións similares.
Visita unha gran variedade de flores brancas e amarelas, desde árbores ata plantas de baixo crecemento e incluíndo flores sen néctar; tamén visita flores rosas como Cirsium e Succisa .
Voa entre febreiro e novembro, con varias xeracións superpostas; inverna como adulto e pódese atopar hibernando entre hedras, ou en covas, etc.
Como acontece con outros sírfidos as súas larvas son depredadoras de pulgóns.