Diptera
Dominio: Eukaryota. Reino: Animalia. Filum: Arthropoda. Clase: Insecta. Orden: Diptera.
Moscas das pedras (Plecoptera), mosca escorpión (Mecoptera), mosca portaserra (Symphyta), mosca serpe (Raphidioptera), mosca branca (Homoptera),…, e ningunha é un díptero.
Os dípteros están en todas partes, desde o Triásico (iso é + de 200 millóns de anos) en cantidades industriais por toda a Terra, Ata perto deo Everest. Tantos, que un ecoloxista belga calculou, que nunha hectárea podería haber arredor de 6 millóns de dípteros, o que pode representar unha biomasa de 7 kg., que pesadas estas moscas» para matalas a cononazos!. Ata na sopa.
Hai no mundo por volta de 100.000 especies pero continúase descubrindo cada ano algunha.
Para clasificalos habería que poñerse de acordo porque hai varias propostas. Unha é, a que nós seguimos, Nematocera, Orthorrhapha e Cyclorrhapha.
Nos Nematocera van os mosquitos e mosquitas, cínifes e típulas; tabaos, moscas asesinas e Rhagios, entre outros, irían en Orthorrhapha e Muscidae, sarcofáxidos, taquínidos, sírfidos e moitas outras meteríanse en Cyclorrhapha, iso sin contar os empídidos que uns poñen aquí e outros acolá. É moito lío como para pararse senón se quere estudar isto en profundidade.
Vede aquí as familias de Cyclorrhapha. Pobre de quen teña que memorizalas.
Hai tantos que nin con nomes vulgares é doado lembrarse deles: moscas helicóptero (sírfidos), moscas formiga (sépsidos), moscas do vinagre ( Drosophila), moscas escudo (Phóridos), moscas patilongas (Dolichopódidos), cínifes dos fungos, moscas soldado (stratyómidos). Moscas polilla (psychodidae), moscas espidas (scenopínidos),…o conto de non acabar.
E non quero seguir fusilando o artigo de Miguel Carles-Tolrá. Tamén el escribiu outro para a sea da Orde Diptera.
12 curiosidades extraordinarias sobre las moscas
El árbol de la vida – Fichas de dípteros
As imaxes en branco e negro son do citado artigo de Los dípteros y el hombre de Miguel Carles-Tolrá e a clasificación está sacada de BV.