Dimorfismo sexual en Lasiommata megera (Linnaeus, 1767)
Paseando pola mañán por un camiño de area, en entorno de monte baixo recuperándose de pretéritos incendios de repetición, reparei nestas dúas estremeiras dos valos tomando o sol nunha pedra da beira. Ó chegar á casa e ver a foto no ordenador reparei nas diferenzas de macho e femia.