Dasylabris maura subsp. Clausa (Lepeletier, 1845)

Orde Hymenoptera/Suborde APOCRITA/ACULEATA/Superfamilia VESPOIDEA/Familia MUTILLIDAE/Subfamilia Sphaeropthalminae/Genus Dasylabris/Dasylabris maura (Linnaeus, 1758)

De Dasylabris maura coñécense 5 subespecies en Eurasia: D. maura clausa (Península ibérica, entre outras localizacións), D. maura carinulata (Córcega), D. maura sungora (Rusia), D. maura armeniaca (Armenia, entre outras) e D. maura maura (Francia, entre outras lugares de Europa).

As femias son ápteras. Claro dimorfismo sexual, no abdome a femia presenta cuatro manchas abrancazadas: unha diante, unha a cada lado e unha detrás, e o macho unhas bandas tamén abrancazadas tranversais.

Parásitas de avespas e abellas, de preferencia, das que nidifican no chan. Pon o ovo perto ou sobre unha larva/pupa. Unha vez que eclosiona a larva vai comendo á hospedeira ata que a acaba matando.

«Formigas peludas» por ter todas elas o corpo, principalmente o abdome, cuberto de peliños..

Os ingleses chaman ós mutílidos velvet ants (formigas de veludo) pero ollo con tanta dozura porque a súa picadela é das máis intensidade entre as avespas e ata hai unha en EE. UU. á que lle chaman cow killer.

As fotos están feitas en Oimbra, as dúas de riba en 2010 e as de baixo en 2024. A de riba de todo utilizouse como información, pola planta na que está zugando, nun traballo científico.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.