Como distinguir entre abellas macho e abellas femia

Como as abellas apresentan un forte dimorfismo sexual, nos traballos taxonómicos adoitan propoñerse dúas claves de identificación, unha para as femias e outra para os machos.

O primeiro paso da identificación consiste, entón, en recoñecer o sexo do exemplar (véxanse os caracteres na Táboa 1).

A diferenciacióné relativamente sinxela porque o dimorfismo sexual adoita estar ben marcado nas abellas (Fig. 2).

Os caracteres máis fáciles de recoñecer son

(l) o número de segmentos antenais;

(ll) o número de segmentos do metasoma;

(lll) a presenza de estruturas recolectoras de pole, como as corbículas (a cesta de pole visible nas patas posteriores das abellas melíferas e os abellóns) ou as scopas (pelos densos especializados adaptados para a captura e transporte do pole recollido polas femias ao niño) nas patas posteriores, o propodeo e/ou o lado ventral do metasoma, dependendo do grupo de abellas.

No campo o comportamento de recollida de pole é un carácter significativo para recoñecer as femias, xa que os machos nunca levarán pole no seu corpo,sacando o que se lles pegue de formae accidental.

Patrullar arredor das entradas do niño (sen entrar nelas) ou o comportamento territorial arredor das manchas de flores (sen pousarse regularmente nas flores) é un comportamento típico dos machos. Ademais, as femias adoitan ser máis grandes e coloridas que os machos, aínda que nalgúns grupos como os Anthidiini adoita ocorrer o contrario.

Para quen non é entomólogo experimentado distinguir os sexos das abellas non resulta tan doado. ë necesario, antes de nada, familiarizarse coa anatomía das abellas.

Este texto esta traducido e adaptado do traballo Key to the genera of European bees
(Hymenoptera: Anthophila) 2024
(provisional version 2.2) de Denis Michez e colaboradores de Pollinator academy.

Tamén me parece interesante botar un ollo ó traballo Orden Hymenoptera de Severiano Fernández gayubo e Juli Pujade-Villar que teredes que procurar na rede (so atopei esta ligazón).

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.