Colpa quinquecincta (Fabricius 1793)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia VESPOIDEA/Familia SCOLIIDAE/Colpa/Colpa quinquecincta/

Avespas de corpo estreito, tórax negro e abdome de cor negra con cintas tranversais brancas, de entre 10-15 mm.. Parece que hai femias que teñen os primeiros segmentos de cor marrón abermellado.

Pola miña bisbarra non é difícil de ver durante a segunda parte do verán chuchando nas flores, no resto da Galiza descoñezo a súa presenza. Chamoume a atención ver que as únicas fotos en Biodiversidade Virtual, onde foron identificadas, son as miñas , cando os rexistros no resto do estado son moitas.

Quiroga, 26/08/2023. Autor: Xosé Otero