Cheilosia cf. albitarsis (Meigen, 1822)
Diptera/ Suborden Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ /Eristalinae
Ambiente preferido: terreo aberto/bosque; terreos agrícolas e rozas forestais; pastos. Unha especie antropofílica, favorecida polas prácticas agrícolas actuais.
Hábitat e hábitos dos adultos: beiras de claros forestais e pistas; ao longo das sebes e nos pastos das terras de cultivo.
Flores visitadas: umbelíferas brancas; compostas amarelas; Ajuga, Allium ursinum, Caltha, Crataegus, Matricaria, Potentilla, Ranunculus, Sorbus, Stellaria.
Período de voo: abril/xuño e xullo a maior altitude.
Determinación: Difícil de distinguir de Cheilosia ranunculi (Doczkal, 2000) pero esta non está citada en Galicia, polo que dou por boa a identificación feita en Observation (con algunha reserva de aí o "cf.")
Distribución: supostamente en todo o Paleártico (incluíndo o N de África) agás o extremo norte.