Cephus lateralis Konow, 1894
Clase Insecta/ Orde Hymenoptera/ Suborde Symphyta/ Familia Cephidae/ Subfamilia Cephinae/ Xénero Cephus
Lugar: O Riós, 11 xuño 2026. Autor: Xosé Bergantiños
O difícil, para a identificación, é saber que se trata do xénero Cephus porque despois Cephus lateralis é a única especie que voa polo sur occidental de Europa, segundo o libro Symphytes d'Europe de Jean Lacourt.
A s ás afumadas e os terxitos 4, 5 e 7con unha banda amarela son detalles clave.Mide aproximadamente dez milímetros e é moi delgadiño. Hai 14 especies coñecidas en Europa case todas no leste ou sudeste. As larvas aliméntanse de gramíneas. Atópanse nos prados e visitan as flores dos ranúnculos, como neste caso, e tamén compostas e crucíferas.