Capnodis tenebrionis (Linnaeus, 1761)

Classis Insecta/ Ordo Coleoptera/ Subordo Polyphaga/ Infraordo Elateriformia/ Superfamilia Buprestoidea/ Familia Buprestidae/ Subfamilia Buprestinae/ Tribus Chalcophorini/ Genus Capnodis

Saíndo pola boqueira dun prado dinme de frente con este bicho grande pousado nas follas dun salgueiro. É ruín para os frutais de oso porque os adultos comen as follas e a lagarta, que non é tal, roe nas raíces e se hai moitas larvas a árbore acaba secando.

Non é propio destas terras. De feito, según me di un experto, esta sería a cuarta vez que se atopa en Galiza e sempre nas de Ourense.

Vendo o tamaño da miña unlla do pai de todos, que non é pequena, pasa ven dos 20 mm.

A foto está feita no concello de Verín, o 16 de xullo de 2026.

 

Autor : Xosé Bergantiños