Brachypalpus cf. valgus (Panzer, 1787)

Orde Diptera/ Familia Syrphidae/ Subfamilia Eristalinae/ Tribo Milesine/Xénero Brachypalpus

Información da fotografía

Lugar: Monterrei

Data: 18 marzo 2026

Autor: Xosé Bergantiños

Primeiro hai que dicir que o sírfido foi identificado como Brachypalpus valgus (Panzer, 1797) en Observation.org pero o profesor Antonio Ricarte comentoume que non se podía asegurar porque faltan detalles para a identificación correcta xa que co que se ve tamén podería ser Brachypalpus laphriformis (Fallen, 1816). De aí o "cf." do título.

A primeira cita de Brachypalpus na península ibérica é dos anos 1993/1995 en Alicante.

A I.A. di que está citada en Lugo (B. laphriformis) pero no traballo citado non atopo a cita específica.

Son sírfidos saprofílicos (aliméntanse de madeira morta) e teñen o hábitat perto de árbores moi maduros, faias e carballos. Pódense ver pousados nos troncos, na madeira morta e até nas follas asoalladas.

Visita as flores de certas umbelíferas, Anemone nemorosa, Crataegus, P. spinosa*, *Ranunculus*, exemplares masculinos de Salix, Scilla bifolia, Sorbus e Tussilago.

Voa entre marzo e xuño, desplázase rápido, ten apariencia de abella do mel..

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.