Asmisapyga octoguttata (Dufour 1849)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia VESPOIDEA/Familia SAPYGIDAE/Asmisapyga octoguttata/

Ben, este debe ser un dos himenópteros mais raros que levo fotografado.

En BV so hay un outro exemplar, un macho fotografado en Madrid en 2012, e esta foi a primeira femia (Oimbra, 2016), os dous exemplares continúan a ser as únicas mostras. En gbif so hai unha cita, no centro de España.

Teñen un marcado dimorfismo sexual, o macho ten cores amarelas sobre fondo negro no abdome e non brancas como a femia e tamén non presenta esa banda abermellada da primeira porción do abdome.

So atopei dous traballos franceses, de 2007 e 2010, tras ser citada no sur do país, nos que fan descripción dos machos nun e da femia noutro pero nada da súa bioloxía.

Fotografada sobre Thapsia villosa.

E 8 anos despois, na mesma zona e sobre a mesma planta, fotografei o macho.

O dimorfismo sexual é total, como para pensar que non ten nada a ver un con outro.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.