Ascalaphidae (Rambur, 1842): Libelloides (Schäffer, 1763)

Neuroptera/ Suborden Myrmeleontiformia/ Familia Ascalaphidae/ Subfamilia Ascalaphinae/ Xénero Libelloides Schäffer, 1763

Libelloides ictericus, B.B. Litoral 2009

En Galicia hai 4 especies de Libelloides: Libelloides baeticus (Rambur, 1842), Libelloides coccajus (Denis & Schiffermüller, 1775), Libelloides hispanicus ((Rambur, 1842) e Libelloides longicornis (Linnaeus, 1764). Para a península ibérica hai que engadir dúas especies máis: Libelloides cunii (Selys-Longchamps, 1880) en Aragón e Cataluña e Libelloides ictericus (Carpentier, 1825) da metade sur e zona oriental. Este último fotografeino unha vez ó sur de Coimbra pero lamentablemente a imaxe orixinal durme nun disco duro averiado que non son capa de recuperar, só quedou un pequeno thumbnail.

Voan rápido, á caza, en espacios abertos, sobre todo prados, clareiras de espacios con árbores e algunha vez vinos en monte baixo á beira de camposas (L. hispanicus e L. longicornis en A Gudiña e A Mezquita). Non se ven perto das casas ou terras de labor e de feito naqueles lugares onde medrou a presencia humana (espacios costeiros p.ex.) non se ven actualmente.

Poñen os ovos nas herbas ou poliñas, cousa que só vin en fotografías, e ten un desenvolvimento en forma de larva de máis dun ano baixo as pedras ou mimetizada co chan. Cando non hai sol ou venta moito paran nos talos das herbas que é tamén o lugar onde van pasar a noite.

Nas catro provincias galegas hai citas L. longicornis, de L. hispanicus non hai citas na provincia de A Coruña e unha única en Pontevedra. L. baeticus e L coccajus teñen a súa área de presencia no oriente galego (ver traballo de X. L. Rey-Muñiz).

Cópula de Libelloides baeticus en Rubiá con un segundo macho intentando cruzarse.

Claves de identificación das especies de ascaláfidos da fauna galega (adaptado do traballo «Nuevos datos de ascaláfidos para la Península Ibérica, con una nueva especie para la fauna europea (Insecta: Neuropterida: Neuroptera: Ascalaphidae» de V. J. MONSERRAT1, 4, D. BADANO2, 3, 5, F. ACEVEDO

Heteropterus_Rev_Entomol_14(2)_147-16

(1) Ás vivamente coloreadas con amarelo, branco, pardo e negro, en parte opacas, con polo menos unha mancha negra na base das ás posteriores………………………………………………………………………….2

– Alas non coloreadas, triangulares, con abundantes manchas pardo.negras oscu—…Puer maculatus

(2) Ás posteriores con unha mancha oscura con forma semilunar cara ó apice…………….L. longicornis

– Ás posteriores sen mancha con esa forma……………………………..……………………………………….….…….3

(3) Ás de aspecto denegrido con unha mancha pálida central das ás posteriores en forma de “V” invertida……………………………………………………………………………………………………………………..L. hispanicus

– Á superior coa mitade externa de aspecto reticulado. Mancha parda das ás posteriores prolongada cara o seu ángulo posterior e con membrana opaca e teñida de cor amarelo lácteo só nos dous tercios basais………………………………………………..…………………………………………………………………………L. Coccajus

(6) Ás maioritariamente teñidas de amarelo abrancazado, predominando nas posteriores o branco lácteo, nas que se extende de forma uniforme só sin cubrir unha estreita zona apical non coloreadas……………………………………………………………………………………………………….…………….L. baeticus

Algunos Neurópteros (NEUROPTERA: ASCALAPHIDAE Y NEMOPTERIDAE) de la colección de artrópodos de Lourizán (PONTEVEDRA, NO ESPAÑA) de Juan José Pino Pérez, publicado no Boletín BIGA 16 (2018). ISSN: 1886-5453.

BRAÑA 2019-2020.indd

Aportación ó Atlas de Ascalaphidae (Insecta, Neuroptera) de Galicia de Rey-Muñiz, X. L et al. publicado na revista BRAÑA nº 18 (2019-2020) páx. 7-16, da Sociedade Galega de Historia Natural.

Orden Neuroptera s.s. (Planipennia) de Ignacio Ribera & Antonio Melic publicado na

Revista IDE@ – SEA, no 58 (30-06-2015): 1–12. ISSN 2386-7183

Los ascaláfidos de la Península Ibérica y Baleares (Insecta: Neuroptera: Asacalaphidae)

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.