Araneus angulatus var. personatus Simon, 1929

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 15 setembro 2012

Autor: Xosé Bergantiños

 

Non temos fotografías da forma nominal Araneus angulatus (Clerk, 1757) e so vin a var. personata nesta ocasión, que a fotografei nun entorno de prados e vexetación de ribeira.

E das de maior tamaño na familia Araneidae podendo atinxir os 20 mm a femia e 10 mm o macho.

Característico nela son as cores brancas e esverdeadas que a mimetizan cos liquens.

Eduardo Morano, autor do traballo sobre a familia Araneidae da ligazón de máis enriba, non cíta a Araneus angulatus da provincia de Lugo, aínda que si nas outras tres provincias

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.