Anthophora (Anthophora) plumipes (Pallas, 1772)
Classis Insecta/ Ordo Hymenoptera/ Subordo Apocrita/ Superfamilia Apoidea/ Familia Apidae/ Subfamilia Apinae/ Tribus Anthophorini/ Genus Anthophora/ Subgenus Anthophora
Información das fotografías
Lugar: Laza e Monterrei. En marzo 2012 e 2016 (Teño unha foto dun macho de mediados de febreiro do 2024 en Monterrei)
Autor: Xosé Bergantiños
Aparecen cedo, coas primeiras flores (Fumaria reuteri ou muralis, Linaria amethystea) antes incluso de acabar o inverno. Primeiro os machos e logo as femias
Son abellas solitarias, de aspecto grande e robusto e xeralmente pouco confiadas ó achegamento da cámara. Fan os niños na terra, cada femia o seu, ou aproveita algunha fenda nos valados.