Anthidium florentinum (Fabricius, 1775)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia APOIDEA/ANTHOPHILA (=»APIFORMES»)/Familia MEGACHILIDAE/Subfamilia Megachilinae/Género Anthidium Fabricius, 1804/Anthidium (Anthidium) florentinum (Fabricius, 1775)/

Abella con aspecto de avespa robusta, polas cores, moi disposta a defender a súa «leira» peneirando perto das flores e axexando ás femias do redor. Macho de moito mayor tamaño que a femia.

En BV non hai mais fotos que a miña desta especie pero en GBIF hai unha morea de citas na Galiza.

Non atopei ningún traballo onde se cite, de seguro non procurei con xeito.

As femias aniñan nun furado no chan que enchen de polen ou néctar.

Quiroga, 26/08/2023. Autor: Xosé Otero

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.