Amegilla (Amegilla) quadrifasciata (de Villers, 1789)
Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia APOIDEA/ANTHOPHILA (=»APIFORMES»)/Familia ANTHOPHORIDAE/Subfamilia Anthophorinae/Género Amegilla Friese, 1897/Amegilla (Amegilla) quadrifasciata (de Villers, 1789)/Amegilla (Amegilla) quadrifasciata (de Villers, 1789)
É unha abella de tamaño dun abellón mediano que atopei libando nas flores, nos meses de agosto e setembro, e unha vez, de mañán cedo, agarrado a un pau co súa probóscide. En Biodiversidade Virtual, onde as identificaron, non hai citas nas provincias cantábricas e estas tres son as únicas de Galiza, no Val do Támega. Con todo e unha especie citada en Europa Central, norte de África e parte de Asia.
Chámanlle abella excavadora de bandas brancas porque fai un furado nas pendentes ou paredes onde vai acumulando o néctar que servirá de alimento a súa descendencia.
Identificadas en BV
Ás dúas fotos de abaixo son de Xosé Otero feitas en Quiroga o 26/08/2023