Adscita sp.
Superfamilia Zygaenoidea/Familia Zygaenidae/Subfam. Procridinae/Tribu Procridini/Gen. Adscita
Estas bolboretas foron identificadas en Observation.org como Adscita Statices (Linnaeus, 1758). Falta que sexan validadas.
A verdade é que, con moito pesar, creo que non se vai poder determinar con certeza a que especie pertencen. Debo ter entre 50 e 100 fotos de procrínidos e vou quedar coas gañas de identificalos. Alguén que sabe moito disto díxome unha vez que sin facerlles xenitalia que ninguén se atrevese a poñerlles nome.