Philaeus chrysops (Poda, 1761)

Información das fotografías

Lugar: Verín

Data: 09 maio 2012

Lugar: A Mezquita

Data: 01 xuño 2011

Autor: Xosé Bergantiños

 

Especie de distribución paleártica, en Europa chega ás illas británicas e ao sur de Escandinavia. Polo leste até o extremo oriente.

Na Península é frecuente en case todo o territorio agás na franxa máis próxima ao litoral da cornixa cantábrica e o litoral atlántico, con excepcións.

En Galiza son escasos os rexistros e repartidos irregularmente nas 4 provincias.

O macho adulto viste un rechamante opistosoma de cores negro e laranxa-avermellado a vermello. Femias e xuvenis teñen cores máis crípticas.

Non hai moito consenso en canto ao tamaño dos individuos desta especie pero das fontes consultadas ( Arácnidos Ibéricos, Aranea.enmbe.ch, wikipedia..), pódese deducir que está entre os saltícidos ibéricos que poden acadar un maior tamaño. Tanto femia como macho medirían 7-12 mm, podendo haber máis raramente machos de 5 mm.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.