Zygiella x-notata (Clerk, 1757)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 11 decembro 2023
Autor: Xosé Otero
Especie de distribución paleártica occidental, dende Europa até o Cáucaso. Introducida en América do sur e do norte, Azores, illas do Índico ou Asia oriental.
Presente en case toda a Península faltando de amplas zonas do interior e do litoral mediterráneo.
De Galiza coñecemos rexistros das provincias costeiras faltando de Ourense.
Macho de 3,5-8 mm femia 5,7-12 mm.
Arañeira orbicular incompleta, con 2 sectores inacabados.
Sinantrópica, é doado vela en construcións humanas.