Zilla diodia (Walckenaer, 1802)

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 01 xullo 2023

Autor: Xosé Otero

 

Outra das especies de pequeno tamaño da familia Araneidae, o macho mide 2,5-3 mm e a femia 3,5-5,1 mm. É o único representante do xénero Zilla C.L. Koch, 1834 presente en Galicia, tamén na Península Ibérica.

Non constrúe agocho, permanecendo na tea que sitúa entre a vexetación a non moita altura, en arbustos e pólas baixas de árbores de zonas abertas de bosques ou na beira destes.

De distribución paleártica occidental, rarea canto máis ao norte, ao leste e ao sur (norte de África). Na P. I. aparece ao longo de todo o territorio.

Citada de todas as provincias en Galicia, máis escasamente de Ourense e A Coruña. Fotagrafámola soamente en Guitiriz (LU) e A Veiga (OU).

 

 

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.