Xénero Nomisia (Dalmas, 1921)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 23 outubro 2025
Autor: Xosé Otero
Un gnafósido fotografado hai poucos días en Guitiriz entre liques dun penedo.
De tamaño medio, esta debía medir arredor de 6-7 mm.
En Galicia citáronse 2 especies, Nomisia Aussereri (L. Koch, 1872) e N. Exornata (C.L.Koch, 1839). Esta última posiblemente sexa a da imaxe.
Na P. I. cítanse tres especies máis.
Son cazadoras activas, especializadas na captura de formigas, N. Aussereri cázaas trabándolles nunha antena para deixalas paralizadas.