Theridion Walckenaer, 1805

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 25 decembro 2025

Autor: Xosé Otero

Xénero pertencente á familia Theridiidae cunha ampla distribución por tódolos continentes agás a Antártida. Con representación en toda Europa, o que inclúe a península ibérica e Baleares. Tamén nas illas macaronésicas.

En Galiza os rexistros son escasos, todos nas tres provincias costeiras e pertencen a 4 especies (quizais 5).

Tamaño pequeno, entre os 2 mm das especie máis pequena aos 4,8 mm das femias máis grandes.

A que acompaña esta entrada non é posible, unha vez máis, determinar a nivel de especie á vista tan só dos caracteres morfolóxicos que se poden apreciar nas fotografías.

Os hábitats onde se atopan estas 4 especies son variados e inclúen edificacións e xardíns.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.