Tetragnatha spp.

Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Araneae/ Subordo/ Araneomorphae/ Superfamilia Araneoidea/ Familia Tetragnathidae

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 03 maio 2014 (arriba)

Data: 03 maio 2014 (medio)

Autor: Xosé Bergantiños

 

Lugar: Guitiriz (I, II), Abadín (III), Guitiriz (IV)

Data: 30 outubro, 31 marzo, 31 maio e 26 maio 2025 (abaixo)

Autor: Xosé Otero

 

O xénero Tetragnatha Latreille, 1804, conta con 318 especies descritas no mundo das que 19 viven en Europa, 11 na península ibérica, a Macaronesia e Baleares. Distribúese por tódolos continentes agás a Antártida.

De Galiza coñécense cando menos 5 especies con rexistros en GBIF, que serían 4 máis segundo os datos do *GIA (Grupo Ibérico de Aracnología).

Moitas das observacións na base de datos global (GBIF) non chegan á determinación da categoría taxonómica de especie ao ser difícil a partir de fotografías, especialmente as femias.

Todas as nosas fotografías/observacións inclúense neste último caso, non capturamos para examinar na man e menos aínda baixo microscópio, polo que pasar de “sp.” resulta complicado.

O que sí temos son fotografías nunhas poucas localizacións, especialmente da comarca da Terra Chá. Poñemos algunhas de Guitiriz máis unha de Abadín.

As especies galegas de Tetragnatha son de tamaño pequeno a medio, as femias lixeiramente máis grandes que os machos. Poden oscilar, en xeral, entre os 5 mm e os 12 mm. O abdome é alongado e máis ou menos estreito

Adoitan ter unha pose característica cando tentan pasar desapercibidas, coas patas estiradas cara adiante e cara atrás e o corpo pegado ao talo dunha herbácea, por exemplo.

A maioría das especies viven preto da auga (ríos, regatos, lagoas, pozas...) onde non resulta moi difícil localizalas.

 

*de Biurrun, G., Prieto, C., Baquero, E. ArachnoMap, una herramienta para difundir el conocimiento del taxón Araneae en la Península Ibérica y Baleares. Revista Ibérica de Aracnología, vol. 40 (30/06/2022): 2-3. Online at: http://sea-entomologia.org/gia/map [Accessed on: 29/11/2025]

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.