Strongylogaster multifasciata (Geoffroy, 1785)
Phylum Arthropoda |
Subphylum Hexapoda |
Classis Insecta |
Ordo Hymenoptera |
Subordo Symphyta |
Superfamilia Tenthredinoidea |
Familia Tenthredinidae |
Subfamilia Selandriinae |
Genus Strongylogaster |
Observacións en gran parte de Europa, África do Norte, Cáucaso, Irán, Siberia, Corea, Taiwan e Xapón. Hai descritas sete especies de Strongilogaster en Europa, delas só esta e Strongylogaster xanthocera están citadas no sur. (Jesús Tizón fotografou un en Pontevedra)
Hai dimorfismo sexual. Femia de maior tamaño, dosu primeiros artigos das antenas amarelo-laranxa ó igual que o fémur posterior e co abdome con líñas amarelas transversais. O macho ten o abdome de cor laranxa e parece ser que é máis raro de ver. Ademáis da foto da femia no suroeste galego hai outra fotografía máis feita na Terra Chá.
A planta hóspede son numerosas especies de fieitos, un deles o Pteridium aquilinum (L.), presente en toda a xeografía galega. Este exemplar foi fotografado sobre Angelica major nun prado abandonado entre piñeirais con abundante presencia de fieitos.