Steatoda nobilis (Thorell, 1875)

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 19 outubro 2025

Data: 15 agosto 2024

Data: 12 outubro 2024

Autor: Xosé Otero

Terídido orixinario das Canarias e Madeira que colonizou o continente europeo, illas británicas (o primeiro rexistro data de 1870 importada cun cargamento de plátanos dende Canarias), parte de América, do norte e do sur, e Nova Zelandia.

Na Península é frecuente en zonas próximas á liña costeira en case todo o seu perímetro, e no centro, Madrid e proximidades, o que parece confirmar que a súa expansión está en boa medida relacionada coa entrada de mercadorías.

En Galiza é relativamente frecuente sendo máis escasos, unha vez máis, os rexistros de Ourense.

No Reino Unido creou alarma por recorrentes novas en medios de comunicación sobre supostos casos médicos relacionados coa especie. Na maioría das ocasións non son certos ou exaxéranse.

O feito de ser coñecida co nome común de “viúva falsa de patas vermellas” (GL), falsa viúda negra” (ES) ounoble false widow” (EN) contribúe a esta alarma.

En Galiza non existen casos documentados, e escasos e pouco veraces no resto de España, de consecuencias importantes (como ingresos hospitalarios).

Non está entre as 3 especies de arañas de Importancia Médica na Península.

Non son arañas agresivas cara ás persoas e só na necesidade de ter que defenderse dun acoso serio poderían picar.

Producir veleno, en termos biolóxicos, resulta moi caro. Como para malgastalo en algo que non se come!

Especie sinantrópica (vive en ecosistemas urbanos ou antrópicos), raramente aparece alonxada destes hábitats.

Máis información en Arácnidos Ibéricos.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.