Orquídeas chairegas (VII)
Serapias parviflora Parl
Nome común: Lingüeira miúda(1) Crista de galo miúda(2)
Breve descrición(3)
(10)15-28(40) de altura total. O talo, verde, pode presentar tintes avermelladas na parte inferior; con 4-8 follas linear-lanceoladas; a diferenza que primeiro salta á vista coas outras dúas Serapias e o pequeno tamaño da parte visible do seu labelo, que ademais está dirixido cara abaixo e frecuentemente cara atrás. A inflorescencia no seu conxunto é ± densa de tonalidades de gris avermellado a avermellado verdoso, o labelo de vermello escuro a vermello amarelento, con tonalidades verdosas, ten 2 pequenas calosidades practicamente paralelas na súa base.


Fenoloxía da floración
Abril-xuño(xullo)

Localización
A máis escasa das 3 especies de Serapias con distribución galega. Só temos fotografías de 2-3 (quizais 3 a falta dunha revisión do arquivo fotográfico na data da redacción desta nota) localizacións chairegas. Unha delas está irreversiblemente desaparecida.
Cuadrículas UTM: 29TPH08, 29TPH18.
Hábitat (na Terra Chá)
Prados e herbazais con certa humidade aínda que estacionalmente secos. En substratos ácidos (na súa distribución máis ampla, no territorio galego ten preferencia polo solos alcalinos). Compartindo hábitat con outras especies como Serapias lingua, S. cordigera, A. coriophora, Spiranthes spiralis, Dactylorhiza maculata e D. elata.


Xosé Otero
(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.
(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia
(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.
Orquídeas chairegas (Orquídeas chairegas (introducción)
Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora
Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio
Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata
Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata
Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea
Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia
Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora
Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera
Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua
Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis
Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis
![]()