Salticus Latreille, 1804
Información da fotografía
Lugar: A Veiga/Guitiriz
Data: 23 marzo 2024/30 outubro 2025
Autor: Xosé Otero
Lugar: Verín
Data: 08 marzo 2012
Lugar: Guitiriz
Data: 19 marzo 2016
Autor: Xosé Bergantiños
94 especies no mundo, 18 para Europa e 8 na Península. En Galiza 3 especies en GBIF, unha máis, 4, para Martínez, E. (2017).
Xénero de distribución principalmente holártica pero con rexistros no hemisfério sur.
Complicado chegar á determinación da especie a partir de fotografías, xeralmente é necesario examinar a xenitalia e non é o noso cometido.
Temos imaxes de Salticus sp. de Verín, Guitiriz, A Veiga ou Cospeito cando menos.
Tamaño do corpo variable en función da especie, das citadas de Galiza os machos máis pequenos son os de S. zebraneus (CL Koch, 1837) con 2,5-3,8 mm e as femias máis grandes as de S. scenicus (Clerck, 1757) con 5,5-7,5 mm.