Pseudeuophrys lanigera (Simon, 1871)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 01 maio 2025
Data: 05 xullo 2024
Autor: Xosé Otero
Especie do Paleártico occidental que polo leste chega até o Cáucaso e cara ao norte até o sur de Escandinavia e norte das illas británicas. En proceso de expansión en Europa dende hai décadas. Presente en Azores
Introducida en Norteamérica.
Na Península aparece de xeito espallado, sen rexistros en extensas áreas. Máis frecuente en Cataluña.
En Galiza no terzo norte, nas provincias de A Coruña e Lugo, onde os 3 rexistros que coñecemos son de Guitiriz.
Saltícido de pequeno tamaño: macho 2,6-5 mm e femia 3,5-6 mm. Claramente sinantrópico, habita paredes e interior de edificios polo que sobrevive sen moita dificultade aos invernos, en especial as femias. As observacións en entornos naturais son máis raras.