Phrurolithus festivus (CL Koch, 1835)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 02 agosto 2025
Autor: Xosé Otero
Especie da rexión paleártica occidental, introducida no Canadá, Sudamérica e outros puntos distantes e illados.
Na Península Ibérica presente sobre todo na metade norte e de xeito espallado.
De Galicia nas bases de datos de GBIF só aparece esta observación, mais é citada tamén de Pontevedra
(1)(Martínez Sabarís, E. 2017)".
Trátase dun arácnido pequeno con machos de 2,2-2,9 mm e femias de 2,4-3,2 mm.
Gosta de hábitats secos (prados secos, uceiras, viñedos), bosques solleiros e ribeiras, até 1350 m s.n.m.
(1) Martínez Sabarís, E. 2017. Catálogo provisional das arañas (orde Araneae) de Galicia. A Mobella, Boletín do Grupo Naturalista Hábitat, 22: 31-81.