Philodromidae Thorell, 1869
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz (1)
Data: 06 marzo 2024
Autor: Xosé Otero
Lugar: Folgoso do Courel (2)
Data: 08 xullo 2017
Lugar: Guitiriz (3)
Data: 03 maio 2014
Autor: Xosé Bergantiños
Familia na que se inclúen unhas 500 especies de 30 xéneros dos que 8 están representados en Europa, os mesmos que na Península Ibérica.
En Galicia hai rexistros de tres xéneros: (1) Philodromus Walckenaer, 1826, (2) Thanatus CL Koch, 1837 e (3) Tibellus Simon, 1875). Poñemos aquí fotografías dos tres, identificados só a nivel de xénero.
En canto a species son 53 as que se citan da Península e Baleares a día de hoxe fronte ás 38 que en 1995 recollía C. Urones no seu catálogo:
Neste Catálogo e Atlas Urones sinalaba: "Otro objetivo ha sido aportar toda la información biológica sobre estas especies peninsulares poniendo de manifiesto la terrible falta de información existente sobre los Philodromidae ibéricos y que permita en el futuro plantear las bases para posteriores estudios de biodiversidad y conservación, hoy en día totalmente inabordables."
Dende entón algo aumentou o coñecemento, mais, certo é que a aracnoloxía segue a ser unha das disciplinas, das ciencias biolóxicas, non maioritarias. Neste senso paréceme de gabar o labor divulgativo, con grande base científica que fan, por exemplo, dende a web Arácnidos Ibéricos e as súas RRSS.
Son arañas cazadoras que se moven con rapidez e capaces de saltar sobre as presas.