Phalangium opilio Linnaeus, 1758

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 03 agosto 2024 (macho)

Autor: Xosé Otero

Información da fotografía

Lugar: Verín

Data: 12 outubro 2010

Autor: Xosé Bergantiños

Opilión de tamaño grande: femia 4-7,8 mm e macho 3,5-6,8 mm, ambos con patas moi longas. Ademais do tamaño, o dimorfismo sexual adoita ser patente na coloración e deseño dorsal pero sobre todo na presenza dunha vistosa prolongación no segundo artello dos quelíceros dos machos.

Presente en toda Galicia, dende o nivel do mar ata os 2000 metros en Pena Trevinca.

Na Península igualmente ben distribuída inda que case desaparece no cuadrante SO, agás no occidente de Portugal e observacións moi illadas e espalladas no resto do cuadrante.

Especie paleártica, maioritariamente occidental, pero que foi introducida, colonizando amplamente, en Norteamérica (EUA e o Canadá) e Nova Zelandia.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.