Pardosa Koch, 1847
Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Araneae/ Subordo Araneomorphae/ Superfamilia Lycosoidea/ Familia Lycosidae/ Genus Pardosa
Información das fotografías
Lugar: Verín
Data: 29 marzo 2025 (1)
Data: 29 outubro 2024 (2)
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Guitiriz
Data: 28 setembro 2024 (3)
Lugar: A Veiga
Data: 23 marzo 2024 (4)
Autor: Xosé Otero
Arañas, as galegas, en xeral de tamaño medio con machos de 4-6,5 mm e femias de 4,5-10 mm.
É un xénero bastante amplo, calculándose unhas 500 especies no mundo e arredor de 125 en Europa das que 30 están presentes na aracnofauna ibérica.
En Galiza cítanse 11 especies (Martínez, E. 2018. Catálogo provisional das arañas (orde Araneae): de Galicia. A Mobella, 22: 31-81) repartidas polas catro provincias.
A maioría de observacións que temos fican a nivel taxonómico de xénero, con fotografías relativamente abundantes de localidades variadas, dende Miño (CO) a nivel do mar, até A Veiga (1350 msnm) e Verín (OU) pasando por Guitiriz, Begonte, Cervantes, Cospeito ou A Pobra do Brollón (LU). Agardamos poder ir sumando proximamente outras xa identificadas a nivel específico.