Parasteatoda tepidariorum (CL Koch, 1841)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 14 agosto 2024
Data: 14 novembro 2024
Autor: Xosé Otero
Especie alóctona con orixe probablemente en Asia que na actualidade está presente en tódolos continentes excluída a Antártida. Frecuente en Europa occidental, illas británicas, EE.UU., sueste de Sudamérica ou Corea do Sur.
Na p. i. pouco frecuente, con maioría de rexistros na franxa norte e terzo norte do litoral atlántico. Presente en Azores, Madeira e Baleares.
Rexistros escasos da Coruña, Lugo e Pontevedra faltando de Ourense.
Tamaño macho 3,5-6,5 mm e femia 3,5-7,5 mm.
Habita en troncos de árbores e paredes, non é rara en edificios. Ten capacidade para picar/trabar aos humanos sendo bastante doloroso (como a picada dunha abella) pero non chega a máis.