Ozyptila Simon, 1864

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 06 outubro 2024

Autor: Xosé Otero

 

Xénero principalmente holártico con 105 especies no mundo, 53 en Europa e 13 na Península e Baleares máis unha endémica de Canarias. O maior número de rexistros dase en Europa.

En Galiza, con moi escasas citas, só se recollen a nivel de especie O. atomaria (Panzer, 1800) e O. trux (Blackwall, 1846) nas provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense, as demais quedan en Ozyptila sp. Incluída a que achegamos.

As especies ibéricas son pequenas, en xeral os machos entre 2-4 mm e as femias de 3-6 mm (a máis grande).

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.