Oxyopes lineatus Latreille, 1806

Información da fotografía

Lugar: Rubiá

Data: 06 xuño 2016

Autor: Xosé Bergantiños

 

Araña pequena inda que as femias acadan os 8 mm: femia 6-8 mm, macho 4-5 mm. Tamén no patrón de cor hai dimorfismo sexual sendo, en xeral, os machos máis escuros e contrastados.

Vive en plantas a pouca altura, non fai arañeira e caza activamente .

Presente en Galicia nas catro provincias, con citas escasas. Máis frecuente no sur.

Na Península aparece ben distribuída e hai citas dos arquipélagos Balear e Canario.

É unha especie de distribución global paleártica ocupando principalmente unha banda meridional dende Iberia e Francia até Asia central (Casaquistán).

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.