Orquídeas chairegas (X)

Spiranthes aestivalis (Poir.) Rich.

Nome común: Estrangurria do verán(1) Espiral de verán(2)
Breve descrición(3):
(9)14-33(39) cm; talo glabro (sen pelos) da inflorescencia para abaixo, cando menos na metade inferior; 3-6 follas linear lanceoladas, erectas, rodeando o talo; a inflorescencia de 3-16 cm coas pequenas flores brancas con nervios verdes, dispostas en espiral, con pequenos pelos glandulares, sen esporón.

Begonte, 04/07/2007
Begonte, 15/07/2007


Fenoloxía da floración:
Xuño-agosto
Localización:
1 Localización en Begonte, con 2 poboacións separadas unhas decenas de metros. Esta localización foi e está a ser moi castigada pola actividade mineira en Riocaldo. Unha das mencionadas poboacións pódese afirmar que non existe na actualidade xa que ese punto está sendo explotado (literalmente o terreo desapareceu) e a outra acantoada e cun hábitat tan transformado polo abandono que sería un milagre que tivera sobrevivido; tampouco se descarta que a cubeta de onde se está extraendo mineral acabe por absorver tamén este último punto. Hai unha observación antiga en Castro (zona tamén moi transformada nos anos transcorridos) dun único exemplar do que as fotografías (dos tempos analóxicos) están sen localizar neste momento.
Cuadrículas UTM: 29TPH08, 29TPH27

Begonte, 28/07/2007
Begonte, 30/06/2005


Hábitat (na Terra Chá):
Pasteiros húmidos con matogueira dispersa bordeados de vexetación arbustiva e herbácea.

Xosé Otero


(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.
https://achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_plantas_e_arbores_2020.pdf
(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia


(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.

Orquídeas chairegas (introOrquídeas chairegas (introducción)

Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora

Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio

Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata

Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata

Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea

Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia

Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora

Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera

Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua

Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis

Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis

Loading