Orquídeas chairegas (VIII)
Serapias cordigera (L.)
Nome común: Lingüeira grande(1) Crista de galo grande(2)
Breve descrición(3)
12-40(50) cm; follas linear-lanceoladas, as caulinares progresivamente de menor tamaño; inflorescencia densa con (2)3-10(12) flores agrupadas ao final do talo, de cor ± púrpura, labelo escuro con abundante pilosidade cara á base onde hai dúas calosidades lixeiramente diverxentes de cor púrpura escuro, case negras, brillantes e con pilosidade branca; carecen de esporón.


Fenoloxía da floración:
Abril-xullo
Localización
Ben distribuída por toda Galiza, sen chegar a ser tan abundante como S. lingua non resulta difícil de atopar, en boa medida polo maior tamaño das súas flores e o chamativo labelo dunha intensa cor púrpura escura.
Témola fotografado en distintos lugares da Terra Chá, en especial nos concellos de Guitiriz, Begonte,
Cospeito ou Vilalba.


Cuadrículas UTM: Moitas ao longo dos concellos chairegos.
Hábitat (na Terra Chá)
En prados, herbazais, baldíos con algo de vexetación herbácea, matogueiras baixas e raras, cultivos, cunetas, etc.; gusta dos solos ácidos en toda a súa distribución galega.


Xosé Otero
(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.
(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia
(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do
volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.
Xosé Otero
(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.
(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia
(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.
Orquídeas chaireOrquídeas chairegas (introducción)
Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora
Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio
Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata
Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata
Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea
Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia
Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora
Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera
Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua
Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis
Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis
![]()