Orquídeas chairegas (IX)

Serapias lingua (L.)

Nome común: Lingüeira(1) Lengüeira(2)


Breve descrición(3)
(8)10-35(55) cm; talo verde, ás veces tinguido de vermello na base; follas linear-lanceoladas; inflorescencia rara, con 2-6(8) flores de tons púrpura-grisáceos con nervaduras máis escuras, o labelo de avermellado a castaño, ás veces esbrancuxado, só lixeiramente piloso na base; unha calosidade escura e brillante na garganta é fácilmente distinguible a simple vista.


Fenoloxía da floración:
Marzo-xullo

Begonte, 08/05/2006
Cospeito, 09/06/2012

Localización:
Podemos dicir o mesmo que para S. cordigera, fotografámola ao longo da Chaira, e unha vez máis sobre todo nos concellos onde máis tempo temos adicado a saídas ao campo (Guitiriz, Begonte, Cospeito e Vilalba), e observámola en moitos outros lugares.


Cuadrículas UTM: Moitas ao longo dos concellos chairegos.

Cospeito, 17/05/2020
Cospeito,29/05/2021
Guitiriz, 25/06/2010


Hábitat (na Terra Chá):
Prados, pasteiros, gabias, brañas, tamén en matogueiras raras e bordos de bosques. Quizais algo máis
abundante que a anterior especie, e aínda que cunha inflorescencia algo menor, ás veces con poboacións moi conspicuas polo elevado número de exemplares; medra sobre todo tipo de substratos.

Xosé Otero


(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.

(2)Nome empregado por:
Guía das orquídeas de Galicia


(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente

Orquídeas chairegas (introducOrquídeas chairegas (introducción)

Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora

Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio

Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata

Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata

Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea

Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia

Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora

Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera

Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua

Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis

Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis

Loading