Orquídeas chairegas (IV)
Dactylorhiza maculata (L.) Soó
Nome común: Satirión manchado(1) Satirión apincarado(2)
Breve descrición(3)
De (11)28–50(84) cm, follas lineares a lanceoladas, non sempre aínda que con frecuencia manchadas (de aí o epíteto do seu nome); inflorescencia (3)4,7-10(25) cm, de cónica a cilíndrica e ± densa con flores(6)17-40(70) esbrancuxadas, rosadas ou violáceas, recendo a vainilla; o labelo adoita ter manchas lineares e punteadas escuras; esporón cilíndrico-cónico, estreito, case recto e dirixido cara abaixo..
Fenoloxía da floración
Maio-xullo(agosto)


Localización:
Presente ao longo de toda Galiza e polo tanto pódese dicir que en todos os concellos chairegos.
Fotografada en numerosas ocasións (Guitiriz, Cospeito, Vilalba, Begonte, Castro de Rei, Meira, Abadín…) pola súa sinxela beleza e pola gran variedade de tonalidades e deseño das súas flores; tamén o seu tamaño pode ser moi variable. É unha das especies máis abundantes do país.
Cuadrículas UTM: Moitas das que abranguen a Terra Chá

Hábitat (na Terra Chá):
Prados húmidos, brañas, turbeiras, humidais, matogueiras, xunqueiras, bordos de camiños, ao pé de
mananciais e depósitos de auga, cursos de auga…



Xosé Otero
(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.
(2)Nome empregado por
Guía das orquídeas de Galicia
(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.

Orquídeas chairegas (introducción)
Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora
Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio
Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata
Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata
Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea
Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia
Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora
Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera
Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua
Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis
Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis
![]()