Orquídeas chairegas (I)


Anacamptis coriophora subsp. martrinii (Timb.-Lagr.)

Nome común: Orquídea percebexa(1) Orquídea de esporón enchido(2)

Breve descrición(3)

De 14–37 (60) cm. de altura. Follas basais verdes, sen manchar, linear-lanceoladas, lonxitude x anchura 5- 11,3(15) × 0,5-1,2(4) cm., en no de 4–11 formando roseta; as caulinares (3-5) son progresivamente de menor tamaño, abrazadoras, as máis próximas á inflorescencia son máis parecidas ás brácteas. A inflorescencia de forma subcilíndrica é densa, con 10-30 flores, de cor branca avermellada a púrpura escuro, brácteas membranosas verdosas no centro e avermelladas nas marxes, máis longas que o ovario; labelo trilobulado co lóbulo central máis longo que os laterais, pode estar manchado ou punteado de vermello/púrpua cara á base, os laterais algo dentados; os sépalos únense nun casco agudo, acuminado; esporón grande lixeiramente recurvado cara abaixo, máis longo que o labelo.

Anacamptis (Orchis) coriophora, 14/06/2010, A Cigoñeira
Anacamptis (Orchis) coriophora, 14/06/2010, A Cigoñeira

Fenoloxía da floración

Maio-xullo

Localización

Fotografámola en 2 localizacións, unha plenamente chairega do concello de Begonte e unha máis do limítrofe concello de Rábade; máis temos noticia doutra ou posiblemente 2 antigas localizacións máis, unha en Cospeito, nunha área profunda (e salvaxemente) transformada (eucaliptizada), que ten afectado a outras especies de orquídeas, doutras familias botánicas e tamén de aves ou invertebrados cando menos; e unha segunda en Castro de Rei. Hoxe practicamente imposibles pola degradación/transformación dos hábitats.

Cuadrículas UTM: 29TPH17, 29TPH18 e 29TPH27.

Begonte 21/05/2011
Begonte, 21/05/2011

Hábitat (na Terra Chá)

Prados con certa humidade aínda que estacionalmente secos. En substratos ácidos. Compartindo hábitat con outras especies como Serapias lingua, S. cordigera, S. parviflora, Spiranthes spiralis, Dactylorhiza maculata e D. elata.

Xosé Otero

(1)Nome proposto por:
A Chave (2020): Os nomes galegos das plantas e árbores. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave.

(2)Nome empregado por: Guía das orquídeas de Galicia

(3)Para ter unha mellor descrición morfolóxica así coma do hábitat e a distribución ibérica e galega da familia Orchidaceae suxerimos a consulta do volume correspondente da obra de referencia Flora Ibérica e/ou da monografía Guía das orquídeas de Galicia respectivamente.

Orquídeas chairegas (introducción)

Orquídeasas chairegas (I). Anacamptis coriophora

Orquídeas chairegas (II) Anacamptis morio

Orquídeas chairegas (III) Dactylorhiza elata

Orquídeas chairegas (IV) Dactylorhiza maculata

Orquídeas chairegas (V) Gymnadenia conopsea

Orquídeas chairegas (VII) Plathanthera bifolia

Orquídeas chairegas (VII) Serapias parviflora

Orquídeas chairegas (VIII) Serapias cordigera

Orquídeas chairegas (IX) Serapias lingua

Orquídeas chairegas (X) Spiranthes aestivalis

Orquídeas chairegas (XI) Spiranthes spiralis

Loading