Ophrys tenthredinifera (Willdenow, 1805)
BV Flora Ibérica/BFI División SPERMATOPHYTA/BFI Angiospermae/BFI Orchidaceae/BFI Ophrys/
Orquídea non presente no territorio galego. Fotografías dos distritos portugueses da Beira Litoral e Extremadura.
Algúns din que non ten nome portugués e outros chámanlle Erva-vespa-rosada.
Orquídea temperá, que en algún ano teño fotografado no fin de febreiro o que é propio da variedade praecox, poucas flores por planta e polinizada por abellas do xénero Eucera. Neste caso a abella foi capturadapor unha araña, non sei si antes ou despois de facer a pseudocópula de polinización.
A flecha sinala a pata dunha Thomisus onustus, araña que se mimetiza coa planta adoptando cores similares.
Fotografía tomada nos arredores de Coimbra en abril de 2005.
Apilado de imaxes (6) debido a escasa profundidade de campo