Micrommata ligurina (CL Koch, 1845)
Phylum Arthropoda
Subphylum Chelicerata
Classis Arachnida
Superordo - incertae sedis - (Arachnida)
Ordo Araneae
Subordo Araneomorphae
Superfamilia Heteropodoidea
Familia Sparassidae
Genus Micrommata
Información da fotografía
Lugar: Oímbra
Data: 29 marzo 2014
Lugar: Verín
Data: 29 marzo 2014
Autor: Xosé Bergantiños
Lugar: Cospeito
Data: 25 abril 2021
Autor: Xosé Otero
En Galiza cítase das 4 provincias pero sen rexistros en extensas áreas, tanto costeiras coma do interior.
Frecuente na península ibérica e presente en Baleares.
Distribución mediterránea con rexistros escasos nos Países Baixos.
Especie críptica que pode variar a súa cor estacionalmente, para pasar máis desapercibida, dun verde intenso no final do inverno e primavera a tons máis acastañados no verán e outono.
O tamaño vai de medio, macho 6-9 mm, a relativamente grande, femias 9-14 mm.
A femia na primavera (abril-xuño) constrúe un casulo unindo follas con seda e péchase no interior coa súa ooteca do que non volve saír. Nacen máis de 20 crías que dende maio até o verán dispérsanse entre a vexetación *(Urones, C. 2004).
* Revista Ibérica de Aracnología ISSN: 1576 - 9518. Dep. Legal: Z-2656-2000. Vol. 10, 31-XII-2004 Sección: Artículos y Notas. Pp: 41−52.