Metellina segmentata (Clerck, 1757)

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 13 outubro 2025

Data: 07 novembro 2024

Autor: Xosé Otero

 

Poucos rexistros de Galicia, a maioría de Lugo (Terra chá e Montaña Oriental), con un da Coruña e un de Pontevedra, faltan de Ourense.

Na Península aparece espellada, faltando de grandes áreas do interior. Presencia en Baleares.

Distribución global paleártica (GBIF), maioritariamente de Europa onde chega, ao norte, ao círculo polar ártico. Polo leste rarea até acadar Asia central.

Trátase dunha araña de tamaño pequeno con femias de 6,5-9 mm e machos de 5-7,5 mm.

Constrúen unha arañeira orbicular tendida de xeito oblicuo, xeralmente a baixa altura, entre a vexetación.

Difícil de distinguir de Metellina mengei (Blackwall, 1869) con quen en boa parte comparte distribución.

Da terceira das especies galegas (e ibéricas) do xénero, Metellina merianae (Scópoli, 1763), falamos anteriormente.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.