Menemerus semilimbatus (Hahn, 1829)
Información da fotografía
Lugar: Quiroga
Data: 26 agosto 2023
Autor: Xosé Otero
Área mediterránea: Europa, norte de África e Oriente próximo, estendéndose ata o Cáucaso. En Europa polo norte chega a Bélxica.
Introducida en Norteamérica e Sudamérica.
Presencia en toda a península ibérica, menos frecuente na franxa cantábrica. Rexistrada na Macaronesia e Baleares.
En Galiza é escasa, citada das catro provincias, máis frecuente no sur de Lugo.
Cun tamaño de 7-8,5 mm o macho e 8-9 mm a femia é un dos saltícidos ibéricos más grandes.
Guseinov, E. F. (2004) describe unha particular técnica de caza desta especie (o artigo en inglés).