Mangora acalypha (Walckenaer, 1802)

Información da fotografía

Lugar: Folgoso do Courel

Data: 28 xullo 2012

Autor: Xosé Bergantiños

 

Lugar: Guitiriz

Data: 22 xullo 2024

Autor: Xosé Otero

 

Pequena araña que apenas chega a sobrepasar o medio centímetro de lonxitude corporal: femia 4,5-6 mm e macho 3-3,5 mm.

A arañeira, típica da familia araneidae é pequena pero densa, con moitos radios e voltas de espiral moi xuntas. Pode situala en horizontal ou en vertical e adoita estar entre a vexetación herbácea a baixa altura. De hábitos diúrnos.

Distribuída por toda Europa agás o extremo máis setentrional, estendéndose por Asia ata acadar a China, tamén no Norte de áfrica e a Macaronesia. É especie común na P. I.

En Galicia está rexistrada nas catro provincias. Témola fotografado, ademais de no Courel e distintos concellos da Terra Chá (Lu), na Pobra do Brollón (Lu), e en Rubiá e A Veiga (Ou).

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.