Heriaeus oblongus Simon, 1918
Información da fotografía
Lugar: Verín
Data: 04 xuño 2011
Autor: Xosé Bergantiños
Tomísido de pequeno tamaño: macho 4,5-6 mm e femia 5,6-8 mm, e cores averdados, con longos pelos brancos por todo o corpo, brancos e tamén algúns negros nas patas.
Distribución paleártica, máis frecuente na área mediterránea, chega a Europa central e a oriente até o Cáucaso e Asia central.
Na Península espallada e pouco frecuente. Falta dos arquipélagos.
En Galiza inda menos frecuente, con escasas media ducia de citas que coñezamos, todas da metade sur. Falta da Coruña.