Frontinellina frutetorum (C. L. Koch, 1835)
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 18 maio 2024
Autor: Xosé Otero
A familia linyphiidae é das que conta cun maior número de especies, tan só por detrás dos saltícidos, preto de 4500 no mundo, arredor de 1250 en Europa e 267 en España. En Galicia un mínimo de 37.
F. frutetorum está presente nas 4 provincias, sendo máis escasa en Ourense.
Araña pequena: macho 5-6 mm e femia 5,5-6 mm.
A das fotos é un exemplar femia en vista dorsal e ventral.
Constrúe na vexetación arbustiva unha especie de doble tea horizontal agardando na inferior, panza arriba, até que a presa cae no entramado superior.