Familia Syrphidae

Esta entrada pecha, de momento, a colección de sírfidos identificados que temos fotografado.

Ninguna persona sensata se interesa por las moscas. Y menos por los sírfidos, las moscas de las flores, …” di unha reseña do libro de Fredrik Sjöberg: El arte de coleccionar moscas

Hay tres temas: el amor, la muerte y las moscas. Desde que el hombre existe, ese sentimiento, ese temor, esas presencias lo han acompañado siempre. Traten otros los dos primeros. Yo me ocupo de las moscas, que son mejores que los hombres, pero no que las mujeres.” Escribiu Augusto Monterroso.

Pero cómo de todo hai en la viña del Señor atrevémonos a publicar a nosa colección e de paso buscar información sobre eles.

O 11 de outubro de 2022 moitos medios publicaron a noticia de que “El 37 % de todas las especies de sírfidos (Syrphidae) en Europa están en peligro de extinción, según la Lista Roja Europea de Sírfidos de la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza (UICN)”, era a primeira vez que vía que os medios de comunicación se interesaban por “as moscas das flores” . Sabendo da súa importancia como polinizadores e devoradores de pulgón, está en risco a nosa alimentación, economía, civilización, …?

No mundo hai unhas 6000 especies de sírfidos descritas, en Europa arredor de 700 (pénsase que son unhos poucos máis), en España 365 e na Galiza levamos contadas unhas 150 (aínda nos falta por contar as de algunha plataforma) entre as citadas en traballos científicos e identificadas nas plataformas BV, Observation e Biodiversidade.eu. Poden ser moi pequenos, desde os 4 mm que ten o menor ata os 25 mm do maior.

Teñen un rasgo distintivo nas ás: a vea falsa (ou espúrea) e as duas veas tranversais que pechan perto do borde inferior as celdas R5 e discal.

Os adultos aparecen por febreiro (algún antes porque pasan o inverno nas fendas das rochas e as árbores) e pódense ver ata o mes de novembro, algunha especie incluso en días de neboeiro, alimentándose de néctar e polen e as súas larvas poden ser: ou fitófagas, ou entomofáxicas ou saprofáxicas.

2014 Ricarte et al (Syrphidae Courel).pdf

2011 André van Eck A Checklist of the hoverflies of Portugal

2011 Serena Santolamazza Depredación larvaria de Xanthandrus comtus (Harris, 1780)

sobre orugas de Mamestra brassicae (Linnaeus, 1758) en la provincia de Pontevedra

Atlas_invertebrados_amenazados_especies_vulnerables_tcm7-187752.pdf

2010 (BolBIGA n.º 9) M. Carles-Tolrá 212 especies de dípteros de Galicia (NO España)

(Insecta: Diptera)

2002 (Monografías S.E.A.) M. Carles-Tolrá Hjorth-Andersen Catálogo de los Diptera

de España, Portugal y Andorra (Insecta)

2012 (Taxoficha de Biodiversidade virtual) Orden Diptera. Familia Syrphidae. Género

Ceriana. Clave de especies.

2012 (Taxoficha de Biodiversidade virtual) Orden Diptera. Familia Syrphidae. Género

Volucella. Clave de especies.

2015 (Taxoficha de Biodiversidade virtual) Orden Diptera. Familia Syrphidae. Género

Eristalinus. Clave de Especies

2015 (Taxoficha de Biodiversidade virtual) Orden Diptera. Familia Syrphidae. Género

Helophilus. Clave de especies.

2011 Species Accounts of European Syrphidae (Diptera), Glasgow

2022 European red list of Hoverflies

2024 e anteriores Fauna Ibérica de sírfidos

ID Guide Hoverflies

Syrphidae. Guía visual da Natur Zientzi Elkartea Gorosti

Syrphidae. Asturnatura

Syrphidae. Institució Catalana d’Història Natural

A ilustración fixémola a partires dunha páxina do libro British Entomology, Volume 1, John Curtis, da tese doctoral de Antonio Ricarte sobre os sírfidos de Cabañeros e do libro British Hoverflies de Stubbs & Falk