Evarcha arcuata (Clerck, 1757)
Información da fotografía
Lugar: Begonte
Data: 05 xullo 2023
Lugar: Guitiriz
Data: 01 maio 2025
Autor: Xosé Otero
Saltícido do Paleártico que chega ao extremo oriente. En Europa acada polo norte puntos de Escandinavia, Finlandia e Rusia. Tamén as illas británicas.
Na Península ocupa sobre todo o norte con algunhas observacións no centro e sueste.
En Galicia está citada das catro provincias, máis escasamente de Ourense. Nós fotografámola somente na Terra Chá.
Macho 5,1-6,3 mm e femia 7 mm. De cor moi escuro, moitas veces negro, nunha vista frontal destacan, ademais dese grande par de ollos centrais, unhas liñas brancas por debaixo dos mesmos e ao lados.