Ero CL Koch, 1836
Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Araneae/ Subordo Araneomorphae/ Superfamilia Eresoidea/ Familia Mimetidae/ Genus Ero
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 27 setembro 2025
Autor: Xosé Otero
Xénero que conta con 43 especies descritas das que 9 viven en Europa, 7 na p. i., Baleares e arquipélagos atlánticos agás Cabo Verde.
De Galiza cítanse 2 especies: E. aphana (Walckenaer, 1802) e E. furcata (De Geer, 1778)
Os rexistros de calquera xeito son moi escasos e repartidos polas 4 provincias. A da foto, probablemente E. aphana, sería o segundo do xénero e único da especie para Lugo.
Como hábitat de E. aphana noméanse “arbustos nas beiras de bosques de coníferas” inda que tamén “pódense ver nas casas”.
Aliméntanse cazando outras arañas construtoras de arañeiras, sobre todo das familias Theridiidae e Araneidae. Achégase a arañeira e cando ten a araña ao alcance tráballe nunha pata paralizándoa e succionando pola mesma ferida.
A femia constrúe ootecas que recubre con fíos enmarañados e deixa colgando dun pedúnculo entre a vexetación.